Tick

É a unidade de salto, ou variación mínima esixida no prezo dun activo negociado no mercado electrónico automático. Na actualidade, a variación mínima no SIBE depende do prezo do valor de que se trate: se a acción vale menos de 50 euros, a cotización variará como mínimo 0,01 euros; se supera os 50, o tick será de 0,05 euros. Para warrants e dereitos de subscrición, o tick é de 0,01 euros, con independencia do seu prezo.