Split

Con este termo desígnase o desdobramento ou redución-divisón do valor das accións dunha compañía. Utilízase para difundir máis a propiedade bolsista e permitir maior liquidez aos valores, cuxas cotizacións se rebaixan ao baixar o valor nominal das accións emitidas. Adoita facerse dividindo entre dous, tres ou catro ( ou por máis) o valor de cada unha das accións, de tal forma que o número de títulos se multiplica por dous, tres ou catro. Quen tivese unha acción de 30 euros pasa, tras a realización dun split de 2x1, a ter dúas accións de 15 euros e o prezo bolsista será tamén a metade.