SOCIMI

As SOCIMI (sociedade cotizada de investimento en mercado inmobiliario) son sociedades anónimas cuxo obxecto social é a adquisición e promoción de activos inmobiliarios de natureza urbana para alugalos, sexa cal for o uso. Caracterízanse por un réxime fiscal moi vantaxoso a cambio de esixir a repartición vía dividendo de case a totalidade das rendas xeradas. Ademais, as súas accións deben estar admitidas a negociación nun mercado regulado (nunha bolsa).