SIBE

O Sistema de Interconexión Bursátil Español (SIBE) é a plataforma electrónica para a negociación de valores de renda variable das catro bolsas españolas. Ademais das catro bolsas de valores, este sistema tamén é utilizado noutros mercados integrados dentro do grupo Bolsas y Mercados Españoles como Latibex, AIAF e MAB.

Está xestionado pola Sociedad de Bolsas, unha filial de BME. Este sistema electrónico foi implantado tamén nas bolsas de Venezuela e do Salvador.