Risco de tipo de xuro

Posibles variacións no prezo dun valor de renda fixa como consecuencia da evolución dos tipos de xuro. Cando os tipos de xuro soben, o prezo da renda fixa en carteira diminúe (xa que as novas emisións ofrecerán tipos máis atractivos que as antigas que se negocian nos mercados, polo que o prezo destas debe descender para unha rendibilidade equivalente) e á inversa. Este risco aumenta canto maior sexa o prazo de vencemento dos activos.