Risco de crédito ou contraparte

Risco de que o emisor dun valor non atenda as súas obrigas de pagamento na data de vencemento. Este risco é practicamente nulo cando se trata do Estado. Existen empresas independentes que cualifican as emisións de renda fixa segundo o risco de crédito do emisor (entidades de rating).