Repo

Operación con pacto de recompra que se realiza, en xeral, sobre valores de débeda pública. Consiste nunha venda en que ambas as partes (comprador e vendedor) se comprometen a desfacer a operación nunha data futura e a un prezo fixado de antemán. Todo o proceso é formalizado nun único contrato.