Ratio de liquidez

Miden a capacidade dunha empresa para afrontar os seus compromisos de pagamento a curto prazo. Os máis utilizados son a ratio corrente ou de solvencia (activo circulante / pasivo esixible a curto prazo) e a proba ácida (activos monetarios —efectivo e investimentos a curto prazo— / Pasivo esixible a curto prazo).