Protector do investidor

É unha figura creada pola Sociedade Reitora da Bolsa de Madrid para recoller as reclamacións dos investidores e buscar solucións arbitradas coas partes en litixio. Se os investidores teñen problemas cos intermediarios, cos emisores e, incluso, coa propia Reitora, o protector do investidor arbitra para chegar a acordos que satisfagan as partes. O seu único poder é o de arbitraxe e non ten capacidade sancionadora como a CNMV.