Produtos financeiros

Son aqueles que entran dentro do financiamento dunha empresa, país, etc. O investidor cómpraos para obter con eles unha ganancia e o emisor véndeos para captar diñeiro co compromiso de devolver o prestado e satisfacer as rendibilidades prometidas. O produto financeiro serve para homoxeneizar as necesidades e os sobrantes de diñeiro, para pór de acordo a oferta e a demanda.