Prima de emisión

Nas distintas modalidades de ampliación de capital, existe aquela na que se paga unha prima de emisión. O accionista entrega os seus dereitos de subscrición, paga o valor nominal da acción e tamén se lle esixe unha prima de emisión. A suma dos tres conceptos non debe superar o prezo das accións vellas, xa que se fose maior non interesaría acudir á ampliación de capital e optaría por adquirir as accións que xa se negocian.