Período de comercialización

Nos fondos garantidos, é o período en que se pode investir sen que se aplique a comisión de subscrición, ao inicio de cada período de garantía (os investimentos realizados con posterioridade adoitan estar penalizados cunha comisión de subscrición que pode chegar ata o 5 % do importe investido). Ademais, a maior parte dos fondos garante o mantemento do valor liquidativo inicial (o que se dá nun momento determinado do período de comercialización); polo tanto, se se entra despois, o investimento inicial non estará garantido.