Penalización por cancelación anticipada de depósito a prazo

Cando solicitas a cancelación dun depósito antes do prazo pactado, cóbraseche unha penalización ou comisión que será resultante de aplicar a porcentaxe pactada no contrato sobre o importe cancelado, polos días que medien entre a data de cancelación anticipada e a data de vencemento do depósito.