Paraíso fiscal

É a denominación coa que se fai referencia a aqueles países que aplican unha presión fiscal inferior á habitual (e tamén, a miúdo, unha regulación financeira menos estrita). Desta maneira, conseguen captar importantes volumes de capitais internacionais. No mundo existen arredor de 50 paraísos fiscais.