Oferta pública de venda (OPV)

Operación que consiste en ofrecer ao público unha parte ou a totalidade do capital social dunha empresa. Pode promoverse con motivo da privatización dunha empresa pública, no momento da saída a bolsa de empresas privadas, ou ben porque un accionista maioritario ou de control desexe desprenderse dunha participación importante nunha sociedade cotizada. A norma básica aplicable a estas operacións é o RD 1310/2005.