Novo mercado

Segmento de negociación da Bolsa española creada a finais de 1999. Oriéntase á contratación de valores de empresas de recente creación, pertencentes ao sector da tecnoloxía punta ou dedicadas a actividades ás que se lles supón un alto potencial de crecemento, así como tamén maiores niveis de risco.