Nivel de resistencia

É o cambio histórico no que un valor ou o índice de mercado cesa a súa alza ou baixada. A ruptura deste nivel na análise técnica indica que se romperon os soportes e que se entra nun mercado baixista ou alcista que creará novos niveis de resistencia.