Mercados emerxentes

Os mercados de países en vías de desenvolvemento reciben o nome de emerxentes. Na actualidade considéranse emerxentes os mercados do sueste asiático, Latinoamérica e dos países europeos do antigo bloque comunista. Caracterízanse por un alto potencial de crecemento e por un comportamento económico inestable. Aínda que o nivel de risco é elevado, os expertos bolsistas considéranos unha boa alternativa se a carteira de investimento está suficientemente diversificada.