MAB

O Mercado Alternativo Bolsista (MAB) é un mercado dedicado a empresas de reducida capitalización que buscan expandirse, cunha regulación a medida, deseñada especificamente para elas e uns custos e procesos adaptados ás súas características. O MAB caracterízase por ser un sistema de negociación operado polas bolsas, promovido polo BME e supervisado pola CNMV.

Proporciona financiamento, visibilidade, liquidez e valoración e ofrece un réxime de información e contratación adaptado ás singularidades deste tipo de empresas. BME achega a súa experiencia e tecnoloxía no deseño deste mercado e nos procedementos operativos de contratación, liquidez e difusión de información.