Joint ventures

Termo que designa a agrupación temporal de empresas para o logro de obxectivos comúns. A agrupación pode xurdir pola creación dunha nova empresa de carácter temporal, cuxos socios son empresas interesadas na unión, ou ben mediante a formalización contractual que vincule xuridicamente ás devanditas empresas.