IIC non harmonizadas (NON-UCITS)

Fondos e sociedades de investimento estranxeiro que non están domiciliadas nun Estado membro da Unión Europea ou que, de estalo, non se atopan suxeitas á directiva europea que regula as institucións de investimento colectivo. Para que poidan comercializarse en España entre investidores particulares, cómpre que se inscriban nos rexistros da CNMV e que non teñan o seu domicilio nun Estado considerado como paraíso fiscal.