Ibex 35

É o principal índice da Bolsa de Valores españois, e úsase como subxacente de diversos produtos derivados. Está composto polos 35 valores máis representativos do mercado continuo, é dicir, as compañías máis líquidas e con maior volume e frecuencia de contratación. A familia do Ibex 35 dispón dunha serie de índices sectoriais: o Ibex Novo Mercado, Utilities, Financeiro, Industria e Varios e Complementario. O grupo de empresas cotizadas que constitúe o Ibex 35 revísase semestralmente, co obxectivo de que este índice sempre estea formado polos títulos máis líquidos da bolsa.