Horizonte temporal do investimento

Período de tempo durante o cal o investidor está disposto a manter investido o capital, sen que se prevexa necesario para outros fins. Algúns produtos de investimento deben manterse durante un prazo determinado para que as súas características máis vantaxosas despreguen todos os seus efectos (por exemplo, os fondos garantidos teñen un horizonte recomendado de investimento que coincide co prazo de vencemento da garantía, xa que de se reembolsar antes desa data, a garantía non é efectiva e poden rexistrarse perdas).