Gastos do fondo

(TER) Total Expenses Ratio. Ratio que relaciona os gastos totais soportados por un fondo de investimento nun período coa cifra de patrimonio medio. Os gastos totais inclúen as comisións de xestión e depositario, os servizos exteriores e outros gastos de explotación. Este dato, expresado en porcentaxe, é importante para o investidor porque permite coñecer o nivel de gastos que soporta un fondo de investimento e comparalo con outros fondos semellantes. Publícase nun anexo do folleto simplificado e nos informes periódicos que se envían a socios e partícipes.