Fondos de renda fixa

Son aqueles fondos de modalidade FIM que invisten a maior parte do seu patrimonio en activos de renda fixa (bonos e obrigas, letras, notas promisorias...) tanto españois coma estranxeiros. A súa marcha está condicionada á evolución dos bonos e das obrigas en que inviste.