Fondos de xestión libre

Denominación legal que reciben en España os fondos de investimento alternativo ou hedge funds. Son fondos de investimento que intentan maximizar a rendibilidade sexa cal for a tendencia do mercado, é dicir, incluso con mercados baixistas (o que, en circunstancias normais, implicaría perdas). Non teñen as restricións de investimento que se impoñen aos fondos tradicionais, polo que poden elixir libremente os valores e instrumentos en que invisten. Empregan estratexias sofisticadas como vendas en descuberto, apancamento, etc., e algunhas delas incorporan un alto nivel de risco que o investidor debe coñecer. Trátase dun grupo heteroxéneo, en que se poden atopar fondos con características e niveis de risco moi dispares.