Folleto de emisión

É un documento que informa sobre a situación da empresa e as súas perspectivas, ou sobre as condicións dunha determinada emisión que se vai realizar e que é preceptivo en determinados casos, como a realización dunha emisión de bonos ou de accións ou a solicitude de admisión a cotización. Este prospecto foi regulado por directivas da UE para uniformalo e é requisito imprescindible para emisións de oferta pública no mercado de valores español.