Fixing

Modalidade de contratación do mercado bolsista español, introducido en xullo de 1998, para valores con menos volume e liquidez, que concentra a oferta e a demanda de títulos en dous momentos concretos da sesión, ás 12:00 e ás 16:00 horas. Nesta modalidade, téñense en conta o volume e a liquidez de certos valores e trata de concentrar en espazos de tempo a oferta e a demanda co fin de facilitar a formación de prezos.