Data de liquidación

Nos mercados de valores, a data en que se liquida unha transacción, é dicir, a data en que se efectúan pagamentos e se entregan títulos. A diferenza exacta entre a data da operación e a data da liquidación varía moito dun mercado a outro, e é conveniente coñecela antes de realizar operacións nun mercado.