Emisor

A persoa física ou xurídica de carácter público ou privado que emite valores ou activos financeiros como un medio para captar recursos externos en calidade de préstamos, emisións ou ampliacións de capital. No caso das sociedades, realizan a formación inicial do seu capital social ou as futuras ampliacións mediante emisións públicas de accións.