emisión

Para os efectos do previsto na normativa española, enténdese por emisión cada conxunto de valores negociables que proceden dun mesmo emisor e que se poden considerar homoxéneos entre si (atribúen aos seus titulares un contido similar de dereitos e obrigas, teñen a mesma natureza e réxime de transmisión, e responden a unha unidade de propósito, como por exemplo a obtención sistemática de financiamento).