Emisión aberta

No argot dos mercados de valores refírese a unha emisión de accións ou títulos de débeda ou de activos financeiros, que se ofreceu ao público nun mercado organizado, e na que aínda se admiten peticións por non chegar a data de peche.