Desmutualización das bolsas

É un proceso que implica que a condición de membro da bolsa e de accionista da sociedade reitora quedan desvinculadas, polo que se poderá acceder a unha sen a outra. Co modelo mutualista, polo que se rexían anteriormente estes mercados, para adquirir a condición de membro esixíase que as entidades participasen no capital das sociedades reitoras.