Derivados

Son aqueles instrumentos financeiros cuxo prezo non só varía en función de parámetros como risco, prazo, etc, senón que tamén depende da cotización que alcance no mercado outro activo, ao que se denomina “subxacente”. O investidor aposta por unha determinada evolución do devandito subxacente (á alza ou á baixa) nos mercados de valores.