Dereitos políticos

Son aqueles dereitos que ten o accionista para aprobar ou desaprobar as actuacións dos xestores da sociedade dos que posúe accións. Estes dereitos adóitanse exercitar na Xunta Xeral de Accionistas onde o accionista vota os distintos acordos que propoña o consello de administración. As accións sen voto renuncian aos seus dereitos políticos en favor dun maior dividendo.