Consello de administración

Órgano de goberno dunha sociedade, composto por unha serie de membros (os administradores), nomeados pola Xunta Xeral de Accionistas. Correspóndelle a xestión, administración e representación da sociedade. A súa composición, funcionamento e facultades están previstas nos estatutos sociais.