Club de investimento

Grupo de persoas que poñen en común un capital (de forma periódica ou con carácter de achega inicial), co fin de realizar investimentos conxuntos nos mercados de valores, especialmente nas bolsas. Xorden como unha ferramenta de aprendizaxe, para que os seus membros poidan familiarizarse cos distintos aspectos da operativa bolsista (de feito, a maioría aparecen no ámbito universitario). Non se debe confundir co investimento colectivo, e trátase dunha actividade que non está sometida ao dereito do mercado de valores.