Chicharros

Trátase dunha clase de valores sometidos a unha forte volatilidade unida a unha escasa liquidez, o que os configura como uns valores cun elevado índice de risco. A razón da súa contratación polos investidores é a súa baixa cotización, que probablemente non poderá diminuír, ante a expectativa, aínda pouco probable, dunha posterior suba. O máis grave inconveniente é a súa liquidez ante a posibilidade de non encontrar comprador en caso de alleamento.