Chart

É un dos instrumentos básicos dos analistas técnicos para determinar e predicir as oscilacións dos prezos bolsistas. Represéntase cun gráfico que mostra a evolución da cotización de cada valor, representando no eixe vertical os prezos e no horizontal o tempo. Tamén pode representar a evolución dun sector, dun índice ou de todo un mercado. no gráfico, tamén se pode ver simplemente a evolución da cotización e o volume negociado. O seu alcance temporal tamén pode ser variable, mostrando a distribución da negociación dun valor ao longo dun só día, segundo franxas horarias, ou ao longo do mes ou ano ou anos.