Certificados

Os certificados son valores negociables en bolsa, emitidos por unha entidade financeira que replican sistematicamente un activo subxacente ou de referencia e a súa evolución. Este activo pode ser un índice bolsista, unha cesta de accións ou un sector específico. Tamén existen certificados sobre estratexias de investimento e poden ter o capital garantido.