Certificado de depósito

Documento acreditativo dun depósito de diñeiro nun banco, transmisible e negociable por simple endoso en calquera momento, sen necesidade de axente ou fedatario público. O banco aboa periodicamente ao depositante os xuros ou ben os anticipa na súa totalidade.