Anotacións en conta

Sistema de representación dos valores na que estes, en lugar de representarse mediante títulos físicos, son identificados mediante a inscrición en rexistros contables especiais, normalmente informáticos. A súa implantación supuxo a desaparición dos títulos físicos, substituídos pola anotación de referencias na conta de valores do seu titular. O sistema de representación mediante anotacións en conta permite axilizar e mellorar a seguridade das transaccións de valores.