Axente de cambio e bolsa

Intermediario oficial e fedatario público que estaba autorizado por lei para negociar en bolsa valores mobiliarios. Coa reforma do mercado de valores en 1998 esta figura foi substituída no mercado bolsista polas sociedades e axencias de bolsa, transformándose os axentes de bolsa existentes en corredores de comercio.