Activo subxacente

Activo que nos mercados de produtos derivados está suxeito a un contrato normalizado, sendo obxecto de intercambio. É dicir, é aquel activo sobre o que se efectúa a negociación dun activo derivado. Pode tratarse de mercadorías ou de activos tales como accións, índices bolsistas, divisas, tipos de xuro, etc.