Activo monetario

Denomínanse así os activos financeiros emitidos a curto prazo (letras do tesouro, notas promisorias de empresa ou bancarias, etc.). Caracterízanse por ter unha gran liquidez e un risco nulo ou moi baixo.