Acredor

Acredor é a persoa física ou xurídica que ten o dereito a pedir o cumprimento dalgunha obriga contraída con el.

Nun préstamo, o acredor (prestamista) é a persoa ou entidade que entrega unha cantidade económica a un terceiro (prestameiro) a cambio do pagamento dun xuro, e o prestameiro obrígase a devolver nun prazo determinado o capital entregado máis os xuros pactados.