Acción de ouro

(Golden share): É aquela á que se atribúen dereitos especiais de voto. Como consecuencia, o seu propietario pode exercer un maior control sobre a vida societaria que o resto dos accionistas. Este termo adoita utilizarse para facer referencia ás accións que conservan os gobernos despois de privatizar unha empresa; na práctica permítelles conservar certo control e vetar determinadas decisións