Pagamento adiado

  • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 43 €, que se suma ao capital e se paga na súa totalidade na primeira cota. 

    • TIN: 17,52 % anual.
    • A comisión por emisión e mantemento da tarxeta de crédito é gratuíta o primeiro ano/límite 1.500 €.

    Pagamento a prazos por unha cantidade fixa mensual: Cada mes pagará unha cantidade fixa mensual que inclúe capital, xuros e comisións. O importe mínimo mensual é de 12 € e poderá escoller calquera cantidade superior. 

    Se escolle a forma de pagamento Cota fixa, data de pagamento do recibo o día 5 do mes seguinte á liquidación, o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 € e realiza unha única compra por este importe, no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio), ao tipo de xuro nominal anual do 17,52 % e cunha cota mensual de 145 euros (comprensiva de capital, xuros e comisións), informámolo/a do que pagará:

    • 11 cotas de 145 euros. A primeira cota inclúe o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €, polo que vostede amortiza menos capital do importe total disposto. Esta comisión liquídase no día 20 do mes. 
    • Unha última cota de 97,50 euros.
    • O importe total que haberá que pagar será de 1.692,50 euros e a TAE resultante do 25,41 %. 

    A data de liquidación da cota mensual é o día 20 de cada mes, pero se escolliches pagar o recibo o día 5 pagarás xuros por esa cota da data de liquidación á de pagamento. 

    A cantidade fixa mensual non poderá ser inferior ao 3 % do saldo disposto que reflicta o extracto da "conta de tarxeta de crédito" antes da liquidación, máis os xuros xerados e as comisións correspondentes durante o período mensual de liquidación correspondente.

Pagamento personalizado

  • Este sistema permítelle adiar o pagamento do importe dunha compra realizada coa tarxeta ou o saldo disposto da súa tarxeta despois da liquidación mensual, sempre que sexa igual ou superior a 50 €. O importe das cotas será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros) e que dependerá do prazo que escolla, dentro dun mínimo de 7 cotas e un máximo de 36. Os pagamentos personalizados liquídanse no último día hábil de cada mes. 

    Pagamento personalizado con xuros 

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito 43 € (1) 

    TIN: 18 % anual. 

    A comisión por emisión e mantemento da tarxeta de crédito é gratuíta o primeiro ano/límite 1.500 €

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 € e realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 12 meses, informámolo/a do que pagará:

    • a primeira cota será de 65,93 euros, inclúe só xuros e o importe íntegro da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €.
    • As seguintes 11 cotas serán de 148,94 euros cada unha.

    O importe total que haberá que pagar será de 1.704,27 euros e a TAE resultante será do 25,87 %.

    Pagamento personalizado con comisión

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito 43 € (1) 

    Comisión por adiamento: 2,9%, 3,6% 4,3% ou 5% sobre o importe adiado segundo o prazo escollido en 3, 4, 5 ou 6 meses. 

    A comisión por emisión e mantemento da tarxeta de crédito é gratuíta o primeiro ano/límite 1.500 €

    A seguir detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses, xa que representan as TAE máximas e mínimas respectivamente. O TIN en todos os casos é 0 %. 

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 6 meses, informámolo/a do que pagará: 

    A primeira cota será de 368 euros e inclúe a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 5 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €.

    As seguintes 5 cotas serán de 250 euros cada unha.

    O importe total que haberá que pagar será de 1.618,00 euros e a TAE resultante do 31,96 %.

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 3 meses, informámolo/a do que pagará: 

    A primeira cota será de 586,50 euros, e inclúe a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 2,9 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta, que é de 43 €. 

    As seguintes 2 cotas serán de 500 euros cada unha. 

    O importe total que haberá que pagar será de 1.586,50 € e a TAE: 41,99%. 

    Se non tivese que pagar a comisión anual por emisión e mantemento da tarxeta de crédito, o importe total que tería pagar en 3 meses sería de 1.543,50 € e a TAE 19,23%. 

    Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.