Non. Os préstamos rápidos sen papeis están pensados para as persoas que actualmente non dispoñen dunha conta no BBVA. Pero lembra que, se queres beneficiarte dun 1 % de redución no tipo de xuro, deberás abrir unha conta no BBVA e domiciliar a túa nómina ou pensión durante toda a duración do crédito rápido.
Día da Hispanidade
Que é o Día da Hispanidade?
O Día da Hispanidade é aquel no que se conmemora a chegada de Cristovo Colón á illa de Guanahani, no arquipélago das Bahamas, aínda que a expedición capitaneada polo español pensou, nese momento, que desembarcaran en Cipango (Xapón). Este feito histórico é coñecido hoxe en día como "o descubrimento de América" e serviu de primeiro contacto entre Europa e América.
Cando é o Día da Hispanidade?
O Día da Hispanidade en España celébrase, cada ano, o 12 de outubro. Unha data que foi adoptada en 1892 (pasaran catro séculos desde a chegada de Cristovo Colón a América) pola raíña rexente María Cristina de Austria (viúva de Afonso XII) en nome do seu fillo Afonso XIII, baixo un real decreto co que declarou a festa nacional. No entanto, non adquiriu o carácter de lei ata 1987 (Lei 18/1987).
Que é o desfile do Día da Hispanidade?
O Día da Hispanidade en España caracterízase pola celebración do desfile das Forzas Armadas. Un evento no que, coa presenza do rei de España e outras moitas personalidades da política, se pode ver desfilar os nosos militares e sobrevoar a cidade os nosos aviadores. Este acto, ata 1997, tiña lugar o 30 de maio. Desde ese ano, e mediante o Real decreto 862/1997, cambiouse ao 12 de outubro.
Como podo financiar os meus gastos do Día da Hispanidade?
É habitual que, ao ser festivo este Día da Hispanidade, sexan moitos os que aproveitan a ponte para realizaren esa viaxe que tiñan pendente. Para facilitar o pagamento da viaxe, así como os gastos realizados nela, o BBVA pon a disposición dos seus clientes diferentes opcións de financiamento, entre as que se encontra o Préstamo Rápido Online, que podes solicitar desde bbva.es ou a app do BBVA sen entregar ningunha documentación, obtendo unha resposta nun prazo aproximado de 8 horas laborables.
Simulador de préstamos
Co simulador de préstamos en liña do BBVA poderás calcular as condicións do financiamento que necesitas. En só 3 minutos elixindo o importe e o prazo.
Baixamos os prezos para o préstamo rápido a novos clientes!