Como lograr unha maior independencia ou liberdade económica

Coñece as claves dun termo de moda
Existen diferentes formas de ser libre en termos financeiros. Estás farto de ter que mirar a conta continuamente e temes por cada recibo que che cargan? Descubre neste artigo algúns aspectos cos que te poderás achegar ao desexado soño da independencia ou liberdade financeira total. Un termo de moda que non che debería pasar desapercibido.
Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

Que é a liberdade financeira?


Ante todo, e que quede claro, ser libre ou independente en termos financeiros non supón ser rico. É dicir, un millonario pode ter a súa liberdade financeira igual de coartada que un empregado común ou un autónomo. Unha independencia no ámbito financeiro pódese lograr de maneira sinxela aspirando a metas realizables e intentando ter unha saúde económica suficientemente saneada para que un gasto non supoña a fin do mundo.

Un maior índice de liberdade financeira permite ser capaz de cubrir as necesidades persoais básicas e un pouquiño máis. Ten, polo tanto, algo material, sen dúbida, pero é tamén unha especie de actitude ante a vida. Ser libre financeiramente falando supón comprender ben tres cousas:

  • Ata onde queres chegar?
  • Cales son os teus soños e necesidades?
  • Canto estás disposto a facer para chegar aí?

Se queres ser libre financeiramente tes que sopesar estas tres preguntas nunha mesma ecuación, xa que, en certo modo, unha cousa levará á outra. Sen un obxectivo claro, que axiña deberás introducir nun marco de posible ou imposible, se callar non chegas moi lonxe.

Na práctica? Se aspiras a viaxar por todo o mundo durmindo en hoteis de luxo necesitarás confeccionar un plan diferente ao que farías se o teu obxectivo na vida é, por exemplo, fundar unha familia e gozar do día a día nunha capital de provincia. Os teus obxectivos son o que medirán o esforzo económico que tes que facer para chegar a eles.

O mundo dos ingresos

A independencia financeira vai moi da man das fontes de ingresos dispoñibles, e estas, pola súa parte, varían segundo cada caso. En función de cada perfil do traballador, aquí podes coñecer que suporá optimizar os ingresos en dous casos moi diferentes:

  • O traballador por conta propia. Un autónomo ten que botar moitas horas para sacar adiante o seu negocio. Agora ben, necesita tamén apoio loxístico e financeiro para facelo. E se este é o caso, unha boa forma de afrontalo será confeccionando un detallado plan de negocio. Neste plan poderanse referir de maneira clara e obxectiva os fins da empresa, ver a súa viabilidade e, sobre todo, anotar os pasos que haberá que dar para facer fronte ao reto.
  • O traballador por conta allea. Ninguén ten mellores opcións para aforrar que un traballador, que é capaz de coñecer antes de exercer a súa tarefa canto será a súa remuneración por ela. Este feito permite de maneira vantaxosa fronte ao autónomo planificar con total precisión os gastos en función dos ingresos e, en consecuencia, tomar decisións. Se ao analizar as partidas de gastos hai aspectos renunciables, estes pódense cancelar e outorgar, por exemplo, a unha conta de aforro. Existen interesantes ferramentas ou funcionalidades que che permiten facer este cálculo grazas ao cal poderás alcanzar tamén a túa desexada independencia ou liberdade financeira.
Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

O control como ferramenta do éxito

Non obstante, case dá igual o que ingresas ou gastas, o importante en todo cálculo financeiro é como o xestiones. As medidas de control, polo tanto, serán as túas máis fieis aliadas no camiño á túa liberdade financeira.

Grazas á nova funcionalidade de control de gastos BBVA Bconomy, podes ter desde agora mesmo no móbil a forma máis interesante de controlar os teus gastos e ingresos. Con esta nova funcionalidade poderás analizar detalladamente os teus gastos, descubrir como reducilos e conseguir que che sexa máis fácil aforrar para alcanzar as túas metas. Poderaste beneficiar de todos os seus servizos esteas onde estiveres e, así, ter unha maior información sobre o teu diñeiro.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas